¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

MONICREQUES E SOMBRAS  /  +3 ANOS /  50 MIN

Na década pasada Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago dos golfiños, salvándoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención, non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar cada un de nos a súa diferenza e de ser aceptados como somos. Baseada neste feito real Os golfiños e o xigante é unha fábula contada con sombras chinesas a modo de “road movie”. Os golfiños e o xigante gañou o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil e xuvenil.

GALERÍA DE IMAXES

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Texto: Inacio Viñariño
Produción: Fantoches Baj
Actores/titiriteiros: Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias, Inacio Vilariño.
Música: Benxa Otero